20.12.16

PÍDELLE UN CONTO AOS REIS MAGOS

COMO TODOS OS ANOS, DESDE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E BIBLIOTECA, RECOMENDAMOS UNS CONTOS PARA PEDIR COMO AGASALLO NO NADAL.

PARA 1º CURSO DE PRIMARIA


PARA 2º CURSO DE PRIMARIA



PARA 3º E 4º CURSO DE PRIMARIA



PARA 5º E 6º CURSO DE PRIMARIA


13.12.16

PROXIMAMENTE NA BIBLIOTECA



ESTE CURSO A BIBLIOTECA ESTARÁ CHEA DE NOVIDADES ESTUPENDAS. VIAXARÁS POLO MUNDO ENTEIRO E PODERÁS VIVIR AVENTURAS INCRIBLES!

4.11.16

MAGOSTO

Este venres 11 de novembro imos celebrar o MAGOSTO.
Asaremos castañas, faremos xogos tradicionais e tamén este ano, como novidade, faremos...
Unha EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO que logo degustaremos xunto coas castañas.


O noso cole "vestirase" de outono coas orixinais manualidades feitas polo noso alumnado con froitos secos, piñas... que decorarán os nosos corredores.


E, por último, tod@s xunt@s cantaremos "A saia da Carolina", para darlle un impulso á nosa canción tradicional galega.
Aquí tedes a versión máis tradicional do grupo "Fuxan os ventos"

E unha versión máis "rockeira" de "Sigelpa"

A continuación, deixámosvos cunhas páxinas web con moitos recursos para traballar o magosto.








SAMAÍN

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Moitas grazas a tod@s por participar!

Estes son os gañadores deste ano: 

PREMIO Á CABAZA MÁIS TERRORÍFICA...
DAVID GARCÍA- 1.º E.P.

PREMIO Á CABAZA MÁIS ORIXINAL...
VALENTINO VÁZQUEZ-2.º E.P.

PREMIO Á CABAZA MÁIS ELABORADA...
LLUVIA ALONSO- 4.º E.I.


OBRADOIRO DE RECEITAS E BEBERAXES DE SAMAÍN 




CURTAMETRAXES DE SAMAÍN 
Vimos "Corre, corre cabaciña" (tedes o libro na nosa biblio) e " Os defuntos falan Castelao"  baseado nunha novela de Anxel Fole. (Clicando sobre os títulos poderedes velas de novo)

 E para rematar... BAILE! Movimos o noso esqueleto cuns vídeos de "Just dance".  


24.10.16

NOVO BLOGUE DE NORMALIZACIÓN E BIBLIOTECA DO CEIP JOSEFA ALONSO!!!

Benvidos ao noso blogue, este ano Leonarda ven cargada de cousas novas. Agardamos que vos guste...

CELEBRAMOS O SAMAIN

 O vindeiro venres 28 de outubro, imos celebrar a festa do Samaín.
Faremos receitas de cociña terroríficas, pócemas segredas que logo compartiremos e, por suposto o noso:

"CONCURSO DE CABAZAS"

    Os premios serán para:
"A cabaza máis terrorífica",
" A cabaza máis orixinal" e para
" A cabaza máis elaborada"

    Tamén veremos unha curtametraxe en galego e moveremos o noso esqueleto con cancións do Samaín.
    Lembrade que as cabazas poderánse traer a partir do mércores 26 de outubro e que serán expostas nos corredores do colexio.

    Para traballar esta festividade podedes premer na seguinte imaxe e atoparedes una chea de recursos.