24.10.16

NOVO BLOGUE DE NORMALIZACIÓN E BIBLIOTECA DO CEIP JOSEFA ALONSO!!!

Benvidos ao noso blogue, este ano Leonarda ven cargada de cousas novas. Agardamos que vos guste...

CELEBRAMOS O SAMAIN

 O vindeiro venres 28 de outubro, imos celebrar a festa do Samaín.
Faremos receitas de cociña terroríficas, pócemas segredas que logo compartiremos e, por suposto o noso:

"CONCURSO DE CABAZAS"

    Os premios serán para:
"A cabaza máis terrorífica",
" A cabaza máis orixinal" e para
" A cabaza máis elaborada"

    Tamén veremos unha curtametraxe en galego e moveremos o noso esqueleto con cancións do Samaín.
    Lembrade que as cabazas poderánse traer a partir do mércores 26 de outubro e que serán expostas nos corredores do colexio.

    Para traballar esta festividade podedes premer na seguinte imaxe e atoparedes una chea de recursos.