4.11.16

MAGOSTO

Este venres 11 de novembro imos celebrar o MAGOSTO.
Asaremos castañas, faremos xogos tradicionais e tamén este ano, como novidade, faremos...
Unha EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO que logo degustaremos xunto coas castañas.


O noso cole "vestirase" de outono coas orixinais manualidades feitas polo noso alumnado con froitos secos, piñas... que decorarán os nosos corredores.


E, por último, tod@s xunt@s cantaremos "A saia da Carolina", para darlle un impulso á nosa canción tradicional galega.
Aquí tedes a versión máis tradicional do grupo "Fuxan os ventos"

E unha versión máis "rockeira" de "Sigelpa"

A continuación, deixámosvos cunhas páxinas web con moitos recursos para traballar o magosto.








SAMAÍN

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Moitas grazas a tod@s por participar!

Estes son os gañadores deste ano: 

PREMIO Á CABAZA MÁIS TERRORÍFICA...
DAVID GARCÍA- 1.º E.P.

PREMIO Á CABAZA MÁIS ORIXINAL...
VALENTINO VÁZQUEZ-2.º E.P.

PREMIO Á CABAZA MÁIS ELABORADA...
LLUVIA ALONSO- 4.º E.I.


OBRADOIRO DE RECEITAS E BEBERAXES DE SAMAÍN 




CURTAMETRAXES DE SAMAÍN 
Vimos "Corre, corre cabaciña" (tedes o libro na nosa biblio) e " Os defuntos falan Castelao"  baseado nunha novela de Anxel Fole. (Clicando sobre os títulos poderedes velas de novo)

 E para rematar... BAILE! Movimos o noso esqueleto cuns vídeos de "Just dance".