21.12.17

Maleta das emocións

Este mes os nenos e nenas de 1° e 2° puidemos gozar dunha morea de contos que nos prestaron no CFR de Vigo. Tivemos na clase unha maleta chea de contos das emocións. Encantáronnos todos menos un, que o puxemos na lista dos que non nos interesaban, pero todos os demais tiveron moito éxito. Nas fotos podedes apreciar títulos por si queredes encargar algún ós reis ou collelo nas biblios de Vigo.

12.12.17

Orellas de bolboreta

Os nenos e nenas de 2º de valores estivemos traballando o conto "Orellas de bolboreta" que logo lles contamos aos demais compis de clase. Unha das primeiras actividades que fixemos foi descalzarnos e poñer os zapatos do neno ou nena que nos tocara, para seguir literalmente a frase feita  "poñerse nos zapatos dos demais". Cada un e cada unha foi describindo á persoa dona dos zapatos. Foi súper divertido e serviunos para saber como nos ve o resto do mundo.
Tamén reescribimos o conto pero en positivo. Convidámosvos a ler o conto tal cual é pero tamén a ver a nosa pequena obra de arte!!


11.12.17

Receitas de cociña

Dende o equipo de cociña convídannos a que enviedes fotos de receitas que fagades na casa cos vosos nenos e nenas. Se vos apetece facer un pequeno vídeo dunha receita, tamén o podedes enviar ó correo caminodelaimaginacion@gmail.com
Logo poñeremos todas no blog para que vexades moitas ideas e menús ricos ricos e con fundamento!!
A elaboración de receitas en familia, non só é unha actividade moi divertida senón que traballa vocabulario dos alimentos, procedencia dos mesmo, pasos a seguir...
Animádevos!!! Pasarédelo xenial!!!!

30.11.17

Viaxando en contos

O sábado 2 de decembro tedes un contacontos na Libraría Andel (C/ Camelias, 102 Vigo) da man do Señor da Gravata Torta. Seguro que está chulísimo como todos os seus contacontos!!

29.11.17

Tomi Ungerer

Onte foi o aniversario dun dos nosos autores favoritos Tomi Ungerer, xa que creou un conto que nos gusta moito "Adelaida". Xa ten unha nova obra publicada que se chama Allumette que podedes disfrutar nas librarías.

Contos e música

Na libraría Libros para soñar teñen os vindeiros venres varias actividades moi interesantes e divertidas, con moitos contos e música. Non volo perdades!!!

22.11.17

Semana do cine submarino 2017

Programación da Semana do Cine Submarino 2017.
Esta semana tedes de xeito gratuíto a proxección no Teatro García Barbón os seguintes documentais. Animádevos que merece a pena!!! 
– MÉRCORES 23 DE NOVIEMBRE: ás 20:00h proxectarase o Documental O HOME E A NATUREZA: OCÉANOS.
– XOVES 24 DE NOVEMBRO: ás 20:00h proxectarase o Documental SILUROS: AS QUENLLAS DO RÍO.
– VERNES 25 DE NOVEMBRO: ás 20:00h proxectarase o Documental de O ARRECIFE SECRETO DE CUBA.
Pica na imaxe para máis información.

20.11.17

Pegadas de conto

Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas:
Usando a literatura para traballar os contidos da aula, a campaña Impórtanos é unha campaña de sensibilización promovida polo “Concello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal o de promover a reflexión e o compromiso de todos e todas na consecución dun mundo máis xusto e sustentable.
 Esa é a proposta pedagóxica dunha Educación para a Cidadanía Global que aposta pola formación de cidadáns e cidadás críticos e participativos que busquen dar respostas éticas aos desafíos do mundo actual.
Mirade que ben o pasamos xunto a Bea e Paulo os nenos e nenas de 1º e 2º de E.P.

15.11.17

"El abrigo de Pupa"

O alumnado de Ed. en valores de 2º traballamos con todo o cole o conto "El abrigo de Pupa". Os nenos e nenas de 2º contámoslle o conto a todo o cole, fixemos un mural, e cada un escribiu e pegou os seus medos dentro do abrigo.

"Aquello que la oruga llama fin del mundo, el resto del mundo lo llama mariposa" Lao Tse




Festa do Magosto 2017

O venres pasado todo o cole gozamos dunha xornada moi especial. Todos e todas preparamos o día con esforzo e ilusión, distribuíndo as tarefas, porque sabemos que en EQUIPO todo e mais doado.
Foi unha festa de CONVIVENCIA, na que aportamos cada un de nós o mellor que temos.
Non queda dúbida de que somos un GRAN EQUIPO: Alumnado, Familias, Persoal non docente e Mestr@s.

Queremos agradecer tamén a participación da Socidade cultural e deportiva Atlántida de Matamá  e por suposto da Familia de Icía e Zaira  que ambientaron a festa ca mellor música que se pode escoitar: música tradicional galega.
















1.11.17

Samaín 2017 2º parte

Para rematar a xornada adicada ao Samaín...
mostrámosvos mais momentos escalofriantes
Hahahahahahahaha

30.10.17

Carabuñas

No Samaín visualizamos o corto de Carabuñas. Seguro que o pasades xenial porque é moi moi divertido!!

29.10.17

Samaín 2017 1

Nesta fiestra podedes gozar dalgúns dos momentos mais aglaiantes da nosa festa de Samaín.
Obradoios de cabazas, pócemas e biscoitos...

" Moco de trasno,
mexo de bruxa, 
bótote na pócema 
e que veña unha curuxa...
Hahahahahahahahahaha"



26.10.17

Corre corre cabaciña

Pola celebración do Samaín, Leonarda quere recomendarvos un conto moi divertido que ademais ten canción. Podedes escoitala cantas veces queirades e bailar coa cabaciña!!!