17.2.17

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras actividades como se poden comprobar visitando a súa páxina web.



En Vigo, a Concellería de Normalización Lingüística organiza as seguintes actividades.


No noso cole, traballaremos a Rosalía desde as aulas e tamén xuntarémosnos para: ver un vídeo sobre ela, presentar os carteis feitos polo noso alumnado para unha exposición e para ver o resultado final da grabación do poema "Campanas de Bastabales" a cargo dos nos@s nen@s.

Recursos para traballar a figura de ROSALÍA: