31.3.17

INVITACIÓN AO II CONCURSO DE ORTOGRAFÍA EN GALEGO

Os alumn@s de 3º EP no seguinte vídeo fan unha invitación aos alumn@s do CEIP Canicouva para que participen neste fantástico concurso que terá lugar o día 26 de maio no Auditorio de Matamá.

Ide calentando motores, que xa falta menos...!!!




20.3.17

CONCURSO DE COPLAS PARA OS MAIOS


Xa chegou a primavera e, como todos os anos por estas datas, celebramos o concurso de coplas para a facer a nosa canción da Festa dos Maios.
Aquí tedes a música sobre a que tedes que compoñer unha copla feita por vós.






Lembra que ten que ter catro versos e rimar.
Cando a teñas, métea dentro do buzón da biblioteca antes do xoves 6 de abril.
Coas mellores coplas faremos a canción que cantaremos tod@s xunt@s na Festa dos Maios o día 5 de maio.

9.3.17

VÍDEO SOBRE A VIDA DE ROSALÍA . MURAIS.

Neste vídeo aparecen os murais feitos polos nosos nen@s sobre a 
vida e obra de Rosalía de Castro e que conforman a nosa exposición.