venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

     Aquí temos o vídeo que fixeron os nosos alumn@s sobre o poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastabales" xunto coas "tomas falsas".

Esperamos que vos guste!


video

venres, 17 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras actividades como se poden comprobar visitando a súa páxina web.



En Vigo, a Concellería de Normalización Lingüística organiza as seguintes actividades.


No noso cole, traballaremos a Rosalía desde as aulas e tamén xuntarémosnos para: ver un vídeo sobre ela, presentar os carteis feitos polo noso alumnado para unha exposición e para ver o resultado final da grabación do poema "Campanas de Bastabales" a cargo dos nos@s nen@s.

Recursos para traballar a figura de ROSALÍA: